Nova e interesante achega do noso amigo Andrés García Doural.
Outra imaxe para o recordo e historia da nosa cidade. Nesta foto, cortesía de Andrés, podemos ver a Banda Municipal durante unha actuación, namentras transitan pola rúa José Antonio de Mondoñedo (actual Progreso), a altura do que hoxe coñecemos como «Bar Porriño». Por desgraza pouco tempo tardou en desaparecer a banda logo desta imaxe.
Na instantanea podemos ver, entre outros a: Baltasar Graña (platillos), Eduardo Rodríguez (director e clarinete), Manolo Yanes (bombo), Alfredo Chamosa (caixa) ou Antonio Caselas (trombón de varas).

© Marcos_Candia_Cuba

Comenta a imaxe!