Esta próxima fin de semana celébrase en Mondoñedo a procesión de Corpus Christi 2024; con motivo deste acto, traemos a esta web unha serie de imaxes desta procesión en anos pasados, comezando con esta do 1967 cortesía de Andrés.
Na imaxe, ao paso da virxe dos Remedios, captada diante da antiga oficina de Teléfonos, «café Madrid» ou a farmacia Lombardero, podemos recoñecer a D. Xose Lombardero (sacerdote), Lola Rego, Pura Rivas, María Barreira, Amparo García ou Fidela Salgueiro. E entre os máis pequenos, vestidos de Primeira Comunión, recoñecemos a Charo Otero, Pilar Paz, Olga Fraiz ou Maruxa «a cubana».

© Marcos_Candia_Cuba

Comenta a imaxe!