Venres, 11 de agosto de 1967, os Reis Magos chegan con retraso a Mondoñedo; o agraciado, o xoven camareiro do «Bar Meilán«, Ernesto Álvarez Ramón, de 18 anos.
A media tarde do citado día, chega a Mondoñedo un xoven matrimonio, composto por un inglés e unha española, acompañaos un neno duns tres anos de idade, todos eles montados nun coche PKD-911 de Gran Bretaña, modelo Wolseley, marca Four Forty Four, 4/44. O turismo, ao parecer estaba avariado, e tras valorar o seu propietario a imposibilidade de reparalo, solicita o servizo dun taxi para desplazarse a Oviedo. A iso das oito e media, o inglés decide agasallar co coche ao camareiro do «Bar Meilán», Ernesto, que estaba presenciando o traslado do equipaxe ao taxi solicitado, nese mesmo acto, entrégalle as chaves do bólido.

Tras revisar o vehículo con minuciosidade, este parecía atoparse en bo estado de uso, pero nótase a falta da preceptiva documentación. Ante esta extraña donación, deciden avisar a Garda Civil de Mondoñedo, que fai acto de presencia no lugar de forma inmediata, e toma os correspondentes datos do vehículo e pide información ao xoven Ernesto e a uns clientes do bar que foron testigos da doazón. Nada nese intre facía presaxiar que realmente se trataba dun vehículo roubado, inda que a falta de documentos, e o curioso galano, eran sumamente sospeitosos.
Como era de esperar, este galano envelenado, foi incautado polo brigada da Garda Civil. Descoñecemos o paradoiro dos desprendidos donantes. Ernesto, o camareiro, era fillo dun coñecido guarnicionero residente na rúa Rigueira de Mondoñedo.
© Andrés García Doural
© Marcos Candia Cuba

Comenta a imaxe!