A viaxe da morte

Nuns difíciles anos, o servizo de pompas fúnebres de Mondoñedo era máis artesanal que industrial. Os propietarios das funerarias existentes en Mondoñedo encargábanse de mercar a madeira de pino nos aserradoiros da poboación, forrar con teas a citada madeira para os cadalitos, colocarlles diversos abelorios e incluso barnizalos a man. Os vehículos fúnebres e os cadaleitos avanzaron cos tempos e incluso as duas funerarias existentes actualmente en Mondoñedo, asociáronse para fornecer un mellor servizo.

Pouco a pouco vanse perdendo aqueles largos e fatigados traslados de defuntos a hombros, como os de Tronceda ou Estelo ata a igrexa parroquial dos Remedios. Ou os que tiñan que levar a cabo os veciños por un enlamado e empinado camiño dende Figueiras ata a igrexa parroquial de San Martiño. Ou os que se levaban a cabo nos lugares de As Invernegas e Xestoso, por uns sinuosos camiños ata a parroquial de Santiago de Mondoñedo.

Traslado a hombros dun cadaleito. Foto de Andrés

No mes de xuño do ano 1968 Dona Consuelo Méndez López, viuda, propietaria da Funeraria Cabanas, sita na planta baixa dunha vivenda da antiga Avenida de Calvo Sotelo (hoxe San Lucas) de Mondoñedo, solicita autorización ao Concello para facer uso dun coche fúnebre que tiña proxectado comprar e expón literalmente: «que como las actuales circusntancias le hacen necesario para el mejor servicio de la misma la adquisición de un coche funerario, que se dedicará única y exclusivamente al servico fúnebre«.

A Coorporación mindoniense concede por unanimidade a autorización solicitada por Consuelo, dado o interese público que suporía tal servizo e polo disposto no artigo 17 do Reglamento de Servizos e Decretos do Ministerio da Gobernación do 25 de xaneiro de 1941. No mes de outubro do 1969, Consuelo, diríxese por escrito novamente ao Concello, expoñendo literalmente: «que hallándose mal de salud, se adopte un nuevo acuerdo, a fin de que dicho servicio lo pueda prestar su hija Olga Cabanas Méndez«. A Coorporación, tamén accede ao solicitado.

O primeiro coche fúnebre que chegaría a Mondoñedo sería un «Ford Falcón» automático, comprado pola citada Funeraria Cabanas (actual Morán). este vehículo foi conducido nos seis comezos por Ramón Sordo Geada, que exercia o cargo de empregado municipal no cemiterio e posteriormente pola súa propietaria Olga Cabanas. Nalgunha ocasión, este vehículo fúnebre tamén foi conducido por un xovencísimo Aquiles Sordo Muíño.

Primeiro vehículo fúnebre de Mondoñedo. Foto Andrés

Por esas datas tamén existían outros servizos funerarios en Mondoñedo, que gozaban de merecida fama. Un era propiedade do matrimonio formado por D. Ricardo Otero Montouto «O Pinto» e a súa esposa Dona Lucrecia Loureiro, que o tiñan ubicado na planta baixa da súa vivenda na rúa Peña de Francia. Tamén sabemos da existencia doutro, propiedade de Dona Evarista Méndez García «A Calixa», veciña da rúa Rigueira núm. 2, que o tiña nunha dependencia da planta inferior da súa vivenda, pero que deixou de funcionar facía uns cantos anos.

-Cuatro tablas-
Lujosa o pobre, ligera o grave
Desde que naces hasta que mueres
De cuatro tablas consta la nave
Donde te embarcas sin inquietud:
Una es el timbre de tus honores
Otra es la mesa de tus placeres
Otra es el lecho de tus amores
Y otra la tapa de tu ataúd.
-Federico Balarí-

Dende fai uns cantos anos existen en Mondoñedo duas excelentes funerarias, que prestan con esmero os seus servizos, ambas dotadas duns bos vehículos, de surtidas florarías, capela e cómodas instalacións: Funeraria Morán e Funeraria Sefa.

© Andrés_García_Doural
© Marcos_Candia_Cuba


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo