Tradicción musical

Recordamos hoxe un grupo de música tradicional, fundado a finais dos anos cincuenta do pasado siglo, «Brisas do Masma«. Dado que Mondoñedo non dispoñía naqueles momentos dunha agrupación de estas características, varios membros da banda municipal deciden iniciar a súa andaina. César Rivas Cendán (gaita e clarinete) e Eduardo Rodríguez (director da banda municipal) son os que preparan o seu repertorio. Jesús Sordo e Alfredo Chamosa chegaron a ser toda unha institución no afamado cuarteto.

Cuarteto que chegou a disfrutar dunha máis que merecida fama en toda a comarca e incluso no occidente astur. Por San Lucas acompañaban aos xigantes e cabezudos. Era frecuente atopalos polo concurrido San Lourenzo de Foz. Tamén nas festas da Veiga foron contratados durante moitos anos. O 6 de xuño de 1968 amenizaron a primeira Rapa das Bestas de Campo do Oso. A finais dos anos 80 deixaron de actuar.

Cuarteto Brisas do Masma. Foto de Andrés

Na foto vemos a Enrique Rodríguez «Quique Guerra» (bombo), Baltasar Graña (clarinete), César Rivas (gaita) e Alfredo Chamosa (caixa).

© Andrés_García_Doural
© Marcos_Candia_Cuba


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo