Un pouco máis ala das coñecidas como «Casas Blancas» no barrio de Valiñadares, e da ponte de formigón con barandas metálicas que temos que utilizar para superar o cauce do río co mesmo nome, parte a nosa esquerda un corto sendeiro, o mesmo levanos ata un manantial pouco coñecido, a «Fonte da Naranxeira«.
Sendo alcalde da nosa cidade o abogado Alejo Barja Prieto, e contratista de obras Balbino Paz «Petapouco», lévanse a cabo uns traballos de reconstrucción e acondicionamento da fonte de Valiñadares, coñecida como «A Naranxeira». O 26 de novembro de 1957 o contratista das obras recibe 1.500 pesetas polos traballos realizados.

É unha magoa que a día de hoxe o acceso a este manancial e obra de fai tantas ducias de anos, esté sen sinalizar nin conservar.
© Andrés_García_Doural
© Marcos_Candia_Cuba

Comenta a imaxe!