Sendo as 12h do día 19 de outubro de 1968, celebrouse un acto solemne durante o cal se descrubriu unha placa de mármore, colocada na fachada principal da vivenda do industrial do calzado, D. José Pacio Campos «Frenaire», que daba ao entorno da Fonte Vella de Mondoñedo co nome «Fonte Vella de Álvaro Cunqueiro».
Naquelas datas, era alcalde da nosa cidade o médico ciruxán D. Enrique Cabanela Álvarez, cuñado do homenaxeado. Entre as numerosas autoridades, asistiu o presidente da Real Academa Galega, por aquel entón, D. Sebastián Martínez Risco.

Recoñecemos na imaxe a: D. Francisco Fraga (canónigo), D. Felipe Bangueses (párroco Santiago), D. Francisco Fanego (canónigo e profesor do Seminiario), D. Perfecto (canónigo), Humberto Barreira (industrial), a uns xovens Ramón Bermúdez «do Bolero», María del Carmen García, Pepe Vijande, Miguel Pacio, D. Servando Lorenzo (concelleiro e tenente coronel de Infantería). Os dous nenos que se poden ver na imaxe son Toño e Miguel «de 99» residentes na rúa Rigueira.

Fai anos que foi retirada a placa de mármore do lugar. ¿Qué motivos habería? ¿Onde se atopa?
© Andrés_García_Doural
© Marcos_Candia_Cuba

Comenta a imaxe!