Escola dos Muíños

No ano 1917 comezaron as obras de construcción dun edificio que sería usado como escola, a conta dun legado de 50.000 pesetas por parte da caritativa señorita Dona Natalia Palacios López, irmá do antigo bispo da diócese mindoniense Don José Manuel Palacios (1877/1885). Natalia finou no 1912 na capital da provincia.

No plano do novo edificio, suxeito aos preceptos hixiénicos e pedagóxicos do momento, foi realizado polo párroco de Barallobre. Na fachada principal e sobre a porta de entrada foi colocada unha placa de mármore branco que dicía: «REVIVISCIT LUX. ESCUELA DE SAN JOSÉ DE LOS MOLINOS. GRATIS PRO DEO» (La luz revive. Escuela de San José de Los Molinos. Por el amor de Dios).

Praca de mármore que se podía ver na fachada do edificio. Andrés García Doural

O primeiro mestre da escola foi Don Francisco Caridad Gastalber, presbítero de 37 anos, natural de Coruña, pero veciño afincado en Lugo.

Despois de permanecer moitos anos sen actividade, a escola padeceu os defectos do abandono e das inclemencias meteorolóxicas, foi restaurada por completo e o seu espacio facilitado polo concello a varios artesáns para exercer os seus oficios e dalos a coñecer ao público, como puido ser zoqueiro ou canteiro. Foi neste proceso de rehabilitación cando desapareceu a praca de mármore que amosamos e que se podía ver sobre a entrada. Preguntámonos porque non se volveu a colocar na edificación orixinal e onde se atopará… Xa é un habitual a desaparición destas pracas no noso territorio.

©Andrés_García_Doural
©Marcos_Candia_Cuba


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo