Viaxamos ata o 21 de abril de 1974, estadio de fútbol Martínez Otero, Foz.
Nesa vila e data tiña lugar un derbi o que enfrontaba ao cadro local a CD Foz, e a SD Mindoniense, que para a ocasión formaría con Cabanas, Magín, Higinio, Lalo, Nano, Paz (trocado por Cayetano), Seo, Bouso, Piñeiro, Ayala (trocado por Pedro Rubal) e Rispa.

Foi un partido de intenso dominio do cadro local. No primeiro tempo o colexiado sinalou pena máxima para o Foz, pero Veiga, o seu dianteiro, marrou o tiro. O domino local proseguía, pero o esférico non entraba na meta mindoniense. Foi así, que co paso dos minutos, un solitario tanto dun xove rapaz, Cayetano, que poucos minutos antes saltara ao campo, e tras unha veloz carreira por medio da defensa local, soltou un forte disparo que entrou por toda a cruceta! Xogábanse os últimos minutos do choque, e moitos espectadores xa abandonaran as gradas do estadio focego. Os xogadores visitantes, celebraron unha vitoria que case non crían tralo desenrolo do choque.
Coa colaboración especial de Andrés García Doural

Comenta a imaxe!