Os Trovadores

A mediados dos anos sesenta xurdiría en Mondoñedo un trío musical famoso por interpretar cancións hispanoamericanas e galegas. Falamos hoxe de “Os Trovadores”.


Foron compoñentes deste entrañable grupo mindoniense David Loureiro (guitarra), Eduardo Pernas “Lalo” (guitarra) e Irma Neira (voz). Nalgunhas ocasións, o trío víase reforzado por outros músicos. Chegaron a gravar un traballo discográfico que tivo lugar no Salón de Actos do Instituto San Rosendo de Mondoñedo.

Os Trovadores, foto Andrés.

O trío participaba en diversas actuacións benéficas, coa intención de recadar fondos para varios asilos da zona. Chegaron a desprazarse nunha ocasión ata a capital do Estado, Madrid, para participar no programa de televisión “El Club del Mediodía”, que presentaba Boby Deglané.


Levaban a cabo os ensaios na pranta baixa da edificación pertencente a Acción Social de Mondoñedo, sinalada co número 19 da Praza da Catedral. Este trío musical desfrutou de grandes éxitos e é recordado con moito cariño polos mindonienses.

Coa colaboración especial de Andrés García Doural

Anuncios

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo