No ano 1971 coa remodelación da antiga “Royalty Melodías”, dase paso a un novo grupo que levaría o nome de “Los Royal”. Esta nova formación levaría a cabo os seus ensaios nunha edificación da rúa Rigueira.
Formaron parte desta nova agrupación: Kike Teijeiro (batería, guitarra e voz), Antonio Seivane (trompeta e baixo), Armando Irimia (teclado e acordeón), Daniel Lorenzo (saxofón e clarinete), Manuel Vieites (batería e trompeta) e José Carreiras (saxofón e clarinete).

A súa primeira actuación foi no baile de fin de ano do 1971 no salón principal do Casino de Mondoñedo, e a última, nos bailes do propio fin de ano seguinte, en 1972 en Cornellana, na veciña Asturias.
Coa colaboración especial de Andrés García Doural

Comenta a imaxe!