Durante a celebración das festas de Nosa Señora dos Remedios no 1977, levouse a cabo no Viñas da Veiga un encontro de fútbol no que se disputaba o “V Trofeo Banco Bilbao”, doado pola sucursal do citado banco na cidade de Mondoñedo. Enfrontáronse no partido o “Peña Vieipo” de A Coruña e a SD Mindoniense.
Acompañamos cunha imaxe do encontro, na que forman por parte do cadro local, de esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Magín P. Crespo, Guillermo Rubal (gardamallas), Manolo Cabado, Moncho Piñeiro, Dictinio Vizcaino, Andrés G. D., José Luis “Canterón”, Carlos Leiras, Chencho “de recetas”, Patricio Gómez e Valentín Insua. O cadro visitante presentouse reforzado con dous extraordinarios xogadores, o mindoniense Juan José Anello e o vilalbés Juan Carlos.

No percorrer do encontro adiantouse o cadro visitante cun golazo de Anello, pero nunha brillante e acertada tarde, Valentín sería quen de dar a volta ao marcador. O resultado final foi de 3-1 a favor da SD Mindoniense e nun fermoso xesto, o noso capitán daquela (Magín), acompañado de numerosos aplausos fixo entrega do trofeo ao capitán do equipo visitante.
Coa colaboración especial de Andrés García Doural

Comenta a imaxe!