Festa da tortilla en Mondoñedo

Ala polo 16 de novembro do ano 1974, tivo lugar a populosa Festa da Tortilla en Mondoñedo. Era a súa séptima edición, de xeito ininterrompido. Nesta ocasión asistiran cincuenta comensais co bo apetito.

Según o reporteiro do evento, a receita estaba composta de:

  • 22 quilos de patacas
  • 7 ducias de chourizos
  • 3 quilos de xamón
  • 2 quilos de pimentos
  • 4 quilos de cebolas
  • 13 ducias de ovos
  • 5 litros de aceite

A tortilla tiña unhas dimensións de 50 centímetros de díametro, 15 centímetros de espesor, e un peso aproximado de 40 quilos.

Cartaz usado para conmemorar o VII Aniversario, obra de Vizoso, e a tortilla do evento

A tortilla foi preparada nun recipiente da conocidísima e valorada «Churrería Ribadeo«. A maior dificultade para a súa elaboración era cando foi preciso darlle a volta, a consecuencia do seu elevado peso. Moitos comensais colaboraron na preparación dos seus condimentos, pero cando a «Churrería Ribadeo» deixou de vir a Mondoñedo, desapareceu tamén a celebración desta festa.

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo