Ben preto do palomar de San Isidro, podemos atopar o pazo do mesmo nome.
Un pazo que actualmente está catalogado como BIC (Ben de Interese Cultural), e que conta cunha capela que data do ano 1664, fundada polo capitán Fernández de Vaamonde; no interior da mesma podemos destacar catro laudas sepulcrais do S. XIX, un retablo maior barroco e un lateral renacentista con esculturas.
Na imaxe podemos ver unha flor en primeiro plano que loce no xusto ao carón do pazo, que atisbamos na parte dereita, ou no fondo da imaxe, onde nese pasadizo, a esquerda teremos o acceso a capela, e a dereita outra entrada ao pazo.


Comenta a imaxe!