Na marxa esquerda dunha das antigas saídas de Mondoñedo cara Lugo e Castela pola que se ascende dende o barrio do Pasatempo de Mondoñedo ao máis alto da parroquia de Santiago de Lindín e máis coñecida entre os veciños como «A Calzada» atópase este abundante manancial.
A primeira nova que temos sobre o mesmo data do ano 1193 e di «En 1193, Johanes Petri, apodado «Congo» y otros, vendieron a D. Roque Gómez y a su mujer Maior Alfonsi, la mitad del agro de Vila-Mudi, sito en la «Fonde das Donas».
A comezos doas anos cincuenta a corporación mindoniense decidiu realizar importantes obras no entorno deste manancial. Construiríase un amplo e profundo pilón que servía de bebedoiro para o gando, outro para o lavado de roupa. Construíronse catro cómodos lavadoiros de man. Encauzáronse as súas augas, as cales serían usadas para rego de varias parcelas de terreo. No muro fronta foi colocada unha parrilla de ferro para poder recoller comodamente na auga en cubos metálicos o en selas de madeira para os domicilios. Como adorno, foi colocado un escudo de Mondoñedo labrado en branco mármore.

Coa colaboración de Andrés García Doural

Comenta a imaxe!