Obras na rúa Álvaro Cunqueiro

A comezos dos anos setenta mellorouse o piso e beiravías do trazado das rúas Méndez Núñez (actual Álvaro Cunqueiro) e San Roque de Mondoñedo. Colocaríanse novos saneamentos as vivendas con tubos de cemento. O mesmo ocorrería co xeral e colocáronse novos sumidoiros.

Obras na rúa. Foto de Andrés García Doural

Aproveitando esta obra, deseñouse unha nova condución de auga para as vivendas. Ao transitar a nova condución por ambas beiravías, colocáronse bocas de rego, que tristemente, recordamos ser usadas para sufocar dous incendios voraces. O trazado destas antigas rúas mindonienses formaba parte do itinerario da estrada Viveiro-Meira e actualmente, dun camiño alternativo a Santiago de Compostela dentro da ruta Norte.

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo