Tremendo exemplar

Vaia exemplar de troita! Pescou Amador Rivera, veciño da parroquia de San Andrés de Masma de Mondoñedo. Corrían os primeiros anos da década dos setenta do pasado século. Esta excelente captura foi moi comentada entre os pescadores e moitos deles quería saber que cebo usara Amador. El respondía que con outra pequena troita. Algún lle exclamaba “semellante burrada, que unha troita coma outra”. Pero fora certo! José Fraga Moreda, gardarríos da zona, daba boa fe.

Amador coa súa captura. Fotografía de Andrés García Doural

O río Masma, que atravesa as parroquias de Viloalle e Masma en Mondoñedo, deu durante moitos anos uns exemplares de salón e troita, de considerable tamaño, o que era a alegría dos hábiles pescadores que percorrían todos os anos as súas marxes.

Dende fai uns anos, desapareceron estes bos exemplares e incluso as marxes do río víronse despoboadas de pescadores. Uns culpan as augas contaminadas, cando nunca se depurou tanto e están tan castigados os vertidos incontrolados. Outros culpa a poboación de garzas e londras na marxe dos ríos. Outros, a invasión da vexetación nas marxes, que sombrea as augas polas abundantes árbores. E outros, a desaparición das presas dos prados; lugar onde desovaban e criaban ata deixar de moer os muíños fariñentos. A cuestión é que, pesa a solta de alevíns, os nosos ríos están a quedar sen vida.

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Categorías: , ,
Anuncios

Respuesta

  1. Avatar de Un salmón de categoría – Un paseo en Imaxes

    […] seu día xa demos conta dun excelente exemplar de troita que pescara o noso veciño Amador Rivera, e hoxe vamos dar conta doutra boa peza! Nesta ocasión o autor da pesca foi Manuel Meilán Torres […]

    Me gusta

Comenta a imaxe!

Alameda Aldea Aliñación Andrés García Doural Animal Arte As Quendas Atardecer Auga Azul barcos Barreiros Bierzo Cabalos Cantábrico Carnaval Casas Cascada Catedral Cemiterio Ceo Cidade Colaboración Color Concentración Construcción Cor Cores Costa Cultura Cunqueiro Curiosidade Curiosidades Deporte Entroido Escultura Estatua feira Fervenza Festa flor Fonte Fútbol Historia Igrexa Luces Luz Mar Mirada Montaña Montañas Monte Monumento Motos música Nadal Natureza Neboa Neve Nocturna Noite Nubes Nuria Obras Os Muiños Outono Oviedo Paisaxe Panorámica Patrimonio Pazo Pedra Personaxe Personaxes Ponte Porto Praia Praza Procesión Relixión Reloxo Ribadeo Rinlo Rochas Rural Ría Río Rúa San Lucas Semana Santa Seminario Sol Toxiza Tradicción Tradición Tronceda Verde Vista Vistas Árbores

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo