Esta cavidade atópase sita nas proximidades do lugar que recibe o mesmo nome, e pertence a parroquia de Santiago de Mondoñedo. Orientada cara o Sur, a uns sete quilómetros da cidade. Para achegarnos ao lugar debemos tomar a estrada que parte dende o Campo da Feira de Mondoñedo, ascendemos por San Queitano e Barbeitas hata Maariz. Transitamos posteriormente por Paadin, O Vilar e Casabella. Unha vez rebasado este último lugar, descendemos por unha pista asfaltada que atopamos a nosa esquerda, ata as vivendas de O Pacio. Unha vez alí, tomamos un vello camiño de carro que nos leva ata unha vella ponte de madeira en A Puxiga (desaparecido), por onde cruzaremos o cauce do río Valiñadares. Subimos por un empinado sendeiro, dende onde podemos oir de forma constante o rumor da auga no río. O sendeiro avanza por entre vellos castaños, robles, abelás, amieiros e abeduis, ata chegar a base dunha gran masa caliza. Neste lugar as rochas e os abeduis apropianse da paisaxe e a zona tórnase máis abrupta. Con precaución ascendemos pola empinada ladeira e chegamos a base da mole caliza. Alí vemos a entrada a unha cavidade e a súa dereita unha gran estalactita partida. Fai uns anos, estivemos por primeira vez na cavidade e a sorpresa foi atopala «cega» de xeito intencionado por persoas descoñecidas. Fai poucas datas volvimos ao lugar e atopamos case destapada a súa boca. Comentaron que foron uns rapaces mindonienses namorados da natureza quenes tentaron destapar a mesma. Para entrar nela, ademáis de estar provisto de luz, é preciso levar calzado e roupa adecuada. Persoas maiores que naceron e viviron durante moitos anos nos lugares de A Pradela e de Xastoso aseguráronnos que era preciso reptar polo chan durante un espacio corto, que tiña uns 25 metros de lonxitude e que a cavidade xiraba máis cara o sur.

Coa colaboración de Andrés García Doural

Comenta a imaxe!