A nova praza de abastos

No ano 1968 proxectouse en Mondoñedo a construción dun edificio, totalmente novo, que se destinaría a praza de Abastos. O lugar escollido foi unha horta propiedade da familia Rego Martínez, sita na céntrica rúa “Peña de Francia”. Para a construción desta nova edificación foi preciso derrubar os muros que circundaban a horta e derrubar a capela de advocación de Peña de Francia, que antigamente pertencera a familia Luaces.

O proxecto da nova praza foi realizado polo arquitecto D. Manuel Cortón López, e a obra dirixida polo tamén arquitecto D. Alberto Basanta Ramos, ademais do aparellador D. Vicente Quiroga Rodríguez. A nova obra constaría dunha planta e semi soto, cun total de 1.335 m cadrados. No frontal da edificación cederíanse 7,35 m a vía pública. Levouse a cabo unha subscrición popular para axuda dos gastos das obras e a Caixa de Aforros cedería un importante donativo.

A obra foi adxudicada ao contratista D. Juan A. Fernández Fernández, veciño de Vilanova de Lourenzá, por un total de dous millóns noventa e nove mil novecentas pesetas. O prazo de execución fora de 18 meses.

Xa en novembro de 1972 levouse a cabo un concurso para a previsión do posto de traballo de Conserxe – Recadador da nova praza de abastos, suxeito a lexislación laboral vixente no momento. O 16 de maio de 1973 foi elixido para o posto D. Vicente Fernández Robles.

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo