Un artista que nos deixa

Don Xosé Vizoso Fernández, fillo de Venancio e Xosefa, e irmán de Azucena, Venancio e Jesús. Nado en Mondoñedo no 1950, e finado fai uns días en Brión.

Vizoso residiu na rúa Méndez Núñez (actual Álvaro Cunqueiro) nun lugar moi concurrido polos veciños máis próximos, onde se podía ver a televisión, que por aquel entón tanto escaseaba, xogábase as cartas e mantíñanse boas tertulias. No seu domicilio, incluso se viu a chegada do home a lua! A cociña daquel fogar era tal que un Telecluble! Os que puideron desfrutar daqueles intres, sendo nenos, da súa amizade, do cariño co que os saudaba. Sempre que vía os seus amigos, preguntaba polos pais, xa que logo ben sabía do aprecio que se lle gardaba, como un membro máis da familia.

Era un mozo moi inquedo, en ocasións ata traste, pero dende sempre, dotado dun grande corazón e dunhas magníficas habilidades para o debuxo.

No 2017 foi nomeado, con total merecemento Fillo Predilecto de Mondoñedo pola corporación daquel entón. Acompañado por centos de persoas nun auditorio que se quedara pequeno para a ocasión.

Nunha fresca e chuviosa maña de febreiro de 2025 chegaba a nova do seu falecemento, no seu domicilio de Brión. Poucos días antes, fóralle rendido un homenaxe na Deputación Provincial de Lugo, e ademáis este 2025 adícaselle o Día da Ilustración en Galicia, que por primeira vez homenaxeaba a alguén en vida. Por toda unha vida adicada a arte gráfica e que tantas mostras deixa para a historia.

Duro golpe para a familia, amigos e veciños, para o seu mestre Puchades e seguro que para o Sr. Patricio Vijande Villar que o protexerá alo enriba, como de seguro xa o fixo noutras ocasións.

IN MEMORIAN, XOSÉ VIZOSO FERNÁNDEZ, Mondoñedo 1950 – Brión 2025

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo