Viaxamos hoxe ata o concello asturiano de Castrillón, a aproximadamente 1h30′ de Mondoñedo, para ofrecer unha imaxe da súa coñecida praia de Salinas. Non é unha imaxe de verán, típicas deste areal, pero non por elo menos interesante. Unha praia de algo máis de 2 quilómetros (xa que está unida ao areal de San Xoan), cun acceso moi sinxelo tanto en coche como a pe dende o núcleo de Salinas ou Castrillón. Ademáis a carón da propia praia podemos desfrutar dunhas excepcionais vistas dende o «Museo das Anclas» ou percorrer o túnel de Arnao, hoxe con paso para vehículos, creado inicialmente para as minas de carbón explotadas na zona, ala por 1836.


Comenta a imaxe!