Tocando o ceo

As tardes de inverno solleiras, en moitas ocasións, van deixando paso a noite en Mondoñedo, con fermosas cores no ceo, como a que hoxe chega en forma de imaxe. A mesma foi captada dende a Alameda dos Remedios, e entre outros podemos ver en primeiro plano parte do IES San Rosendo, un pouco máis atrás o Auditorio Pascual Veiga, e xa no final da imaxe, case tocando o ceo, o famoso viaducto da A8, «Lindín» cos seus 757 m. de lonxitude.


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo