Na torre esquerda da Catedral de Mondoñedo, a uns 5m do chan, podemos atopar unha pedra pizarrosa duns 60cm de longo por 40cm de ancho, cunha curiosa inscrición. A maioría dos transeuntes pásanos desapercibida, e quen se percata dela, resúltalle complexa a súa lectura. Coa axuda duns prismáticos damos a conocer, e tentamos transcribir o texto que contén, inda que ao faltarlle unha esquina non se apreza a totalidade do mesmo. Despois de dar lectura a inscrición, de seguro, haberá diferentes opinións.
«Está prohibido por la Aut
oridad bajo multa de
… orinar o ensuciar en el
atrio y demás aceras de la S.Y.C.»

De casualidade, atopamos no Arquivo do Concello de Mondoñedo algo que fai referencia a citada placa e prohibición. Na acta municipal do 29 de abril do ano 1861, sabemos da data da súa colocación e o importe da multa. A citada acta, no seu apartado segundo dí:
«Que se prohíba orinar caballerías en el tránsito que hay de rambla desde la esquina de la torre hasta la puerta llamada «Pequeña» de la Catedral, así como hacer aguas mayores o menores en dicho punto y en el atrio de la misma, autorizando al Cabildo para colocar un rótulo en aquella situación que anuncie al público la prohibición de orden de la Autoridad Local, bajo la multa de dos reales, por cada caballería o persona que se aprenda a contravenir lo dispuesto».
Naquelas datas, presidía a corporación municipal de Mondoñedo o Notario D. Fernando Lago Pérez.
Coa colaboración de Andrés García Doural

Comenta a imaxe!