No mindoniense barrio de San Lázaro podemos aprezar o Pazo de Caión, unha construcción asentada nunha finca con gran historia. D. Luis López Lombardía e a súa dona Manuela de Mora Cárdenas, no ano 1739 compran ao Hospital San Lázaro de Mondoñedo unha peza de duns dez e seis ferrados de centeno no barrio de San Lázaro, donde constrúen unha casa de moito buque para instalar unha «Real Fábrica de Holandillas». No 1786, o bispo de Mondoñedo D. Francisco Cuadrillero y Mota, funda a Casa Cuna e o 14 de abril de 1792, adquire a excelente propiedade de San Lázaro por 90.000 reais. A desamortización de Mendizabal afectou a edificación e o seu terreo amurallado. O 6 de decembro de 1862, toda a propiedade foi vendida en Madrid polo Estado, na cantidade de 60.070 pesetas a D. José Villamil Albareda, pai do arqueólogo, arquiveiro e historiador D. José Villamil y Castro.
Uns anos máis tarde, estas propiedades son adquiridas por D. Juan María Cayón Rodríguez, natural da parroquia de Santiago de Adelán (Alfoz), e a súa dona Tomasa Oliva Borrero, natural de Acebuche (Cáceres), regresados de América e onde realizaron importantes reformas, como unha zona axardinada e fixaron a súa residencia.
En 1885, D. Juan Cayón chegou a ocupar o cargo de Alcalde de Mondoñedo; finaría no seu domicilio do barrio de San Lázaro o 11 de agosto de 1898 con 70 anos.
Trala desaparición dos Cayón, o pazo foi adquirido polos actuais propietarios, D. Sergio (médico xubilidado) e Dona María do Carmen (mestra xubilada) que manteñén a súa residencia nesta impoñente edificación e conservan con gran esmero os xardíns da mesma.


Comenta a imaxe!