En xulo de 1967 procedeuse ao derrubamento dun muro sainte no trazado da rúa Febrero en Mondoñedo, cuio anaco foi adquirido polo concello mindoniense, co obxeto de ampliar o trazado da citada rúa nese punto. Íbase proceder tamén a cambiar o pavimento que estaba cuberto con pedra encachada por un novo cemento. Cando os operarios da empresa Maseda están en plena obra, descobren un fermoso escudo armeiro.
Este sorprendente achádego chegou a ser motivo de fricción entre o concello e o propietario da edificación, Don Ricardo Otero Montouto.
Transcorrido un tempo e superada a fricción, o escudo de armas foi colocado na fachada principal da antiga edificación da familia Pardo Osorio, máis coñecida como «Casa Samarugo» de Mondoñedo, da que era propietario nesas datas D. Ricardo Otero.

A persoa que aparece a esquerda na imaxe e Manuel Rodríguez «O Jarano», obreiro da empresa de construcción «Maseda», que tamén foi a encargada de cambiar o pavimento da citada rúa.
Coa colaboración de Andrés García Doural

Comenta a imaxe!