Volvemos ao coñecido como «Deporte Rei», viaxamos ata o ano 1969 ao campo de fútbol do Seminario Santa Catalina de Mondoñedo, e facémolo para traer unha formación dun equipo local en dito escenario. Forman de Esquerda a dereita e de arriba a abaixo:
José Paz «de Pancho», Andrés Pernas «do Quinto», Manuel da Costa «do Portugués», Fernando «O Redondelo», Higinio Méndez «do Central», Ramiro González «do Penasco», Juan J. Anello «do Couro», «Chencho de Recetas», Celestino Rey «Rispa» e José Pedro Otero «de Xaneto».


Comenta a imaxe!