Recordando o cine en Mondoñedo

Xa pasaron uns cantos anos da desaparición da sala de cine «Principal» en Mondoñedo. Recordamos a Alicia Gayoso, que era unha das persoas que despachaban os boletos de acceso; do operador de máquina, Ramón Sordo; dos acomodadores, os irmáns Suso e Germán Sordo. As butacas eran de madeira e cando acaecía un inesperado corte na proxección da película, algúns rapaces espectadores comezaban a silbar, e outros, facían soar con forza os asentos; os acomodadores prendían aquelas lanteras metálicas das que estaban dotados, con pantalla redonda que tanto molestaban aos «pacíficos». O consumo de pipas e cacahuetes entre os espectadores no interior da sala, era moi elevado e na estación de inverno o típico eran as castañas asadas, que eran servidas nos famosos cucuruchos confeccionados con follas de prensa usada. A máquina onde as preparada Eladio Legide, dotada dunha cheminea e sobre rodas, sería hoxe unha reliquia.

O 29 de xaneiro de 1973, o industrial mindoniense Don Alfredo Losada Iglesias, solicitaria licencia municipal para o exercicio da actividade de sala de baile nas antigas instalacións do «Principal Cinema» (baixos do Casino). Previa autorización, o local é totalmente remodelado e instálase unha pequena sala de festas, coñecida naquel entón como «Sala Anduriña«. A sala de cine chegaba así a formar parte da historia da cidade de Mondoñedo.

Traemos ao recordo o cartel anunciador do programa que tivo lugar o día 18 de agosto de 1962 no «Principal Cinema» de Mondoñedo, coa proxección dos filmes «Cazador de Forajidos» e «Vacaciones de Invierno»

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo