Hoxe visitamos este pequeno núcleo do concello coruñes de Mañón. Ubicado a beira do río Sor, coñecido por facer de fronteira natural entre as provincias luguesa e coruñesa.
É o Barqueiro un punto ben coñecido polos turistas, moi visitado durante todo o ano, pero como é habitual o verán é a época por excelencia para os visitantes nesta zona.
A imaxe captada dende o propio porto do Barqueiro, na que podemos observar as casas e locais comerciais (todos eles de hostalaría) máis próximos ao propio porto, e que conforman un lugar ben colorido e acolledor.


Comenta a imaxe!