Cruz da «Ameixoada»

Nas inmediacións do barrio de Follente, parroquia de Couboeira, a carón do vello camiño cara O Valadouro, faleceu o día 13 de setembro de 1775 Ana María Nicolasa Basanta Mel, de 23 anos, natural e vecina de Escalla de Abaixo, parroquia de Frexulfe. Filla de Bartolomé Mel das Goas e de Ana Basanta.

Viña ao mercado a Mondoñedo, provista dunha cantidade de diñeiro, para comprar material de costura. Oficio que exercía en compañía da súa nai. Ao non voltar ao seu domicilio, o seu irmán Antonio, o seu tío Juan Rouco, e o veciño Antonio Ramos, seguiron o camiño en dirección Mondoñedo, preguntando se a viran pasar. Nas inmediacións do citado camiño e baixo dunhas grandes penas atoparían o seu cadaver, que tiña visibles feridas nos peitos, froito da violencia que se lle aplicara.

No lugar de a «Ameixoada» levaba tempo actuando un fatado de ladróns. Incluso o Alcalde Maior de Mondoñedo, acompañado de tropa armada, tentou darlles captura. Os peatóns que tentaban atravesar este inhóspito lugar, esperábanse uns a outros, para cruzar en grupo.

A nai de Nicolasa, faleceu o 7 de maio de 1790 en Frexulfe. O seu pai había feito en 1763.

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo