Vila Cipriana

Xosé Ramón Geada García, nado o 18 de outubro de 1895 na rúa Imprenta de Mondoñedo; fillo de Xaquín Geada Blanco, natural da parroquia de Santiago de Adelán (Alfoz), de profesión empregado e de Cipriana García Moirón, natural de Neda (A Coruña).

Xosé Ramón emigra moi novo a illa de Cuba, onde consegue amasar unha considerable fortuna. Cando volta a cidade natal decide construir unha boa edificación como lugar de residencia. Para a construcción desta edificación elixe unhas parcelas de terreo inmediatas a capela de San Antonio do Carrascal. Foi nese momento cando xurdiron importantes dificultades, dado que a capela estaba nese lugar dende 1676.

Fai as xestións oportunas ante o obispado de Mondoñedo, e incluso, Xosé Ramón chega a viaxar a Roma. Finalmente, concédenlle autorización para levantar unha nova edificación e derrubar a antiga capela, pero coa condición de levantar unha nova na esquina do recinto e trasladar todos os restos humáns hachados no interior da mesma.

A comezos dos anos cincuenta, Xosé Ramón costearía a construcción dunha nova capela de San Antonio, fechou toda a propiedade con un elevado e robusto muro de pedra, plantou numerosas árbores froiteiras, levantou unha bonita edifcación e deseñou un pequeno xardín no frontal da mesma. Esta propiedade é actualmente coñecida polos mindonienses como «O Chalet de Xeada». Inda que oficialmente posee o nome de «Villa Cipriana» na honra a súa nai.

Dirixiu a construccióin desta bonita edificación do Carrascal o contratista Xusto Anello Funcasta «O Couro». Os traballos de carpintaría foron levados a cabo polo taller de Humberto Barreira «O Provisor». O mármore para as ecaleiras foi adquirido na «Competidora Universal» de Sasdónigas e colocado por operarios da empresa. A pedra caliza usada no feche da finca e nas paredes laterais da edificación procedía das canteiras do lugar de Prado (Parroquia dos Remedios).

Xosé Ramón faleceu en Mondoñedo o 14 de outubro de 1966, solteiro e sen descendencia. Os seus herdeiros venderon a comezos dos anos setenta todas estas propiedades ao industrial mindoniense Eladio Lorenzo.

Xosé Ramón e «O Moreno»

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo