Pancho de Martiño

O noso persoaxe de hoxe era moi coñecido no Mondoñedo dos anos sesenta, setenta e oitenta. Francisco Val López, máis coñecido como «Panchiño de Martiño«, nado o 26 de xuño de 1917 na rúa San Roque número 13. Fillo de Martín Val e de Cándida López, familia oriunda do concello da Pastoriza e residente no barrio dos Muiños de Arriba.

Xunto os mozos Alberto González e ao «Ferrañol», Panchiño apredería o oficio de zapateiro no taller de confección e reparación de calzado que rexentaba José Pacio Campos «Frenaire» nas inmediacións da Fonte Vella, posteriormente faríao como autónomo na rúa Méndez Núñez número 3, e por último, na súa vivenda dos Muiños.

«Pancho» fixo o servizo militar na División 84 de Infantería e participa como soldado na guerra civil, séndollo encomendada a tarefa de axudar a preparar o rancho diario para os seus compañeiros. A cociña da súa unidade é bombardeada con frecuencia pola aviación enemiga, causando numerosos destrozos e incluso baixas humanas.

A nosa personaxe, ademáis tivo tempo tamén para xogar no equipo de Mondoñedo. Según os seus compañeiros de equipo e algúns bos aficionados, non o facía nada mal.

Contraería matrinomio na igrexa parroquial de S. Pedro de Argomoso o 30 de xuño de 1954 con Manuela Gil y Gil, natural do barrio de Cuba, da comentada parroquia.

Os últimos anos da súa vida laboral, adicouse ao coidado do trazado das estradas que partindo dende o barrio dos Muiños ascenden ao máis alto da parroquia de San Pedro de Argomoso e o tramo que parte dende o barrio dos Remedios por Pelourín ata o Convento dos Picos.

Pancho, Roque (taxista) e Tezanos

Moitos mindonienses son os que recordan a Panchiño, perfectamente vestido, coa súa batideira ao ombro, coa fouce nas súas mans e a compaña inseparable do seu can «Andarín».

Tiña no seu fogar varios animais, entre eles unha galiña a que lle chamaba «Cloc-Cloc» e un pequeno cocho chamado «Pepito» e que cria ter amaestrado. Un día levou o citado animal, detrás dunha espiga de maiz, ata o «Bar Central», unha vez alí, pedía a súa copa coma sempre «a dos cordos» (Terry).

Como xa comentamos, Pancho, casou con Manuela GIl, de Cuba, Argomoso, matrimonio do que nacería un fillo. Aos poucos anos de casarse, nai e fillo emigran ao Uruguay, quedándose el so en Mondoñedo. Cando «Pancho» comeza a ser maior e ter dificultades físicas, ingresa no Asilo de anciáns de Mondoñedo.

Pancho faleceu no Hospital da Costa en Burela, o 16 de novembro do 1990, cando contaba con 73 anos de idade. O velorio do seu cadaleito levouse a cabo nas dependencias da súa vivenda nos Muiños de Arriba. Ao enterro acudirian numerosos veciños e amigos de Mondoñedo. Os seus restos mortais descansan no nicho número 1462 do cemiterio municipal.

Alfredo Maseda, Valentín «Basora» e Pancho

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Categorías: ,
Anuncios

Comenta a imaxe!

Alameda Aldea Aliñación Andrés García Doural Animal Arte As Quendas Atardecer Auga Azul barcos Barreiros Bierzo Cabalos Cantábrico Carnaval Casas Cascada Catedral Cemiterio Ceo Cidade Colaboración Color Concentración Construcción Cor Cores Costa Cruz Cultura Curiosidade Curiosidades Deporte Entroido Escultura Estatua feira Fervenza Festa flor Fonte Foz Fútbol Historia Igrexa Luces Luz Mar Montaña Montañas Monte Monumento Motos música Nadal Natureza Neboa Nocturna Noite Nubes Nuria Obras Os Muiños Outono Oviedo Paisaxe Panorámica Patrimonio Pazo Pedra Personaxe Personaxes Ponte Porto Praia Praza Procesión Relixión Reloxo Ribadeo Rinlo Rochas Rural Ría Río Rúa San Lucas San Vicente Semana Santa Seminario Sol Toxiza Tradicción Tradición Tronceda Verde Vista Vistas Árbores

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo