A Paicega, no concello asturiano de Pesoz é un poboado, hoxe ruinoso (agás a igrexa) construído nos anos 40 do pasado siglo, para albergar a parte dos traballadores que por aquel entón levaron a cabo a magnífica obra do embalse de Salime (1945-1955). Ademáis da Paicega tamén se construiron outros poboados (El Segundo Plano, Vistalegre e Eritaña).
Na Paicega chegou a haber 18 pabellóns, ademáis de igrexa, economato, escola, barbería, posto de Garda Civil e ata un hórreo chegado dende Grandas que facía as funcións de bar.
Unha vez rematadas as obras do salto de Salime este poboado foi abandoado e sufriu un contínuo expolio que acabou deixándoo en estado ruinoso. Durante a década dos 90 a propia igrexa foi usada como establo para cabras.
No 2021 a petición dos veciños do concello de Pesoz, este ente mercaría a igrexa, deseñada no seu día polo arquitecto D. Ignacio Álvarez Castelao, para ser rehabilitada, conservando así un dos maiores expoñentes do patrimonio industrial de Asturias. A vez que se rehabilitou esta igrexa, tamén se levaría a cabo a construcción dunha área de descanso para os moitos visitantes que se achegan ano tras ano a Paicega, recordando cómo era a vida dos traballadores daqueles anos.


Comenta a imaxe!