A primeira hora da maña do pasado 3 de maio de 2025, as campás da Catedral de Mondoñedo comunicaban a poboación o falecemento en Vilalba de Monseñor García Amor.
D. Uxío García Amor, nado o 7 de novembro de 1928 na parroquía de Sante, no veciño concello de Trabada. Con 11 anos Uxío ingresaba como alumno no Seminario Santa Catalina de Mondoñedo. Posteriormente, polos seus bos logros académicos, era enviado estudar a Universidade Gregoriana de Roma, onde sería ordeado sacerdote o 19 de marzo de 1953.
García Amor, sería mestre no Seminario mindoniense, vicerreitor do mesmo, administrador da diócese, secretario xeral do obispado, vicario xeral, Delegado diocesano de Cáritas, etc.
En 1957, por oposición, foi nomeado Mestre de Capela da Catedral de Mondoñedo. A mediados dos anos sesenta comeza a súa andaina como director do Orfeón da Sociedade de Obreiros Católicos de Mondoñedo, ao que dirixiu con gran mestría e co que chegou a colleitar numerosos éxitos. Máis tarde dirixiría de forma excelente a Polifónica Vilalbesa.

Durante a súa lonxeva e fructífera vida, foi nomeado párroco da vila coruñesa de As Pontes e de Vilalba. D. Uxío é tamén autor da obra «Versos de mi vida«, que viu a luz no 2003.
No ano 2011, xunto o seu compañeiro e gran amigo, D. Enrique Cal Pardo, recibiría de mans do Papa Benedicto XVI o título de Prelado de Honra.

Ao mermar as súas facultades físicas e acumularse algúns achaques da súa quebrantada saúde, os últimos anos da súa vida transcorreron na Residencia para sacerdotes do Seminario Santa Catalina de Mondoñedo. Máis tarde, trasladaríase a Vilalba, onde remataría a súa vida. Os seus restos mortais descansan para sempre no claustro da Catedral de Mondoñedo.
D. Uxío sempre será recordado pola súa bondade, pola súa xenerosidade, polo súa sinxeleza, pola súa discreción e polo seu exquisito trato aos veciños.
IN MEMORIAN, D. UXÍO GARCÍA AMOR. 1928 – 2025
Coa colaboración de Andrés García Doural

Comenta a imaxe!