Viaxamos a Terra Cha, concretamente ao concello de Xermada, para subir ata os 871 m sobre o nivel do mar e desfrutar do mirador de Goía, ubicado nun alto bautizado como O Peñote, ata o que chegamos logo de subir os 132 escalóns que o separan da área recreativa con mesas e bancos situada os seus pes. Dende este fantástico mirador, sito na Serra da Carba, poderemos ollar a propia serra da súa ubicación, o Xistral, zona da Mariña Occidental, Eume e Terra Chá.
Na imaxe que acompaña estas liñas, vemos precisamente de xeito panorámico, a zona do Xistral e a Mariña, unha auténtica maravilla visual.


Comenta a imaxe!