Fai un tempo mostramos un equipo de balonman do ano 1974, e hoxe traemos outra aliñación, doutra escadra deste mesmo deporte na nosa cidade.
Escadra esta tamén do Instituto San Rosendo do ano 1974. Forman na mesma de esquerda a dereita e de arriba a abaixo:
Bargo (Viloalle), Carlos Novo (Pedrido), Jesús Morán, Santiago García (Valiñadares), Félix (Valadouro), Suso Díaz Chao (San Lázaro), Jorge Carracedo (Abadín), Lestegas Moreda (Foz) e Pepe Álvarez (Rúa Pumar).

Coa colaboración de Andrés García Doural

Comenta a imaxe!