O Conxunto Etnográfico de Os Teixois, atópase situado no concello asturiano de Taramundi, ven preto da Mariña Lucense. Conta cun fermoso museo, que a través dunha visita guiada nos somerxera no mundo da auga, o batán, o afiado, a forxa…
Ademáis poderemos degustar manxares da comida asturiana no seu restaurante, ou simplemente desfrutar dun excepcional paseo pola zona, cunha paisaxe e entorno dignos de coñecer.
Na imaxe, un dos recunchos da zona, onde podemos ollar o cabozo e duas restras de millo, conformando unha singular estampa de gran beleza.


Comenta a imaxe!