Un salmón de categoría

No seu día xa demos conta dun excelente exemplar de troita que pescara o noso veciño Amador Rivera, e hoxe vamos dar conta doutra boa peza! Nesta ocasión o autor da pesca foi Manuel Meilán Torres «Sevilla», ala polo 1975, quen capturaría un bo exemplar de salmón. Sabíamos das habilidades de Manolo como cazador, ou incluso barman, pero non desta aficción a pesca. Manolo incluso chegaría a a ocupar o cargo de Presidente da Sociedade Deportiva Mindoniense de Caza. Na imaxe, a continuación, captada por Foto Celta, podemos ver a Manolo na parte frontal da Igrexa Nova e inmediacións do Bar Meilán.

As parroquias de Santa María de Viloalle e San Andrés de Masma, que atravesan o río do mesmo nome, desde tempo inmemorial desfrutaron de grandes especialistas no manexo da caña e de outros artiluxios de pesca. Nas súas fértiles augas, todos os anos se pescaban salmóns, de boa calidade e tamaño. Dende un tempo, xa forman parte da historia mindoniense.


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo