As cinco da tarde do 30 de decembro de 1879 o Rei Alfonso XII e a súa segunda dona, María Cristina, regresaban ao Palacio de Oriente, cando un xoven efectuaba varios disparos cunha arma de fogo, marca Lefaucheux, que de milagro non chegaron a alcanzar ao monarca.
O autor de ditos disparos foi apresado de inmediato, e resultou ser Francisco Otero González, que traballaba nunha pastelería; nado o 14 de marzo de 1860 no barrio de «O Castro», parroquia de Santiago de Lindín, no concello de Mondoñedo (Lugo). O primeiro de xaneiro de 1880 cantaríase na Catedral de Mondoñedo un Te-Deum polo atentado frustrado contra a vida do monarca.

Malia a intercesión do D. Cándido Martínez Montenegro, Deputado a Cortes por Mondoñedo, o 14 de abril de 1880, Francisco Otero era axusticiado en garrote vil no Campo de Gardas da zona de Chamberí en Madrid.
Outra relación máis amigable de Mondoñedo coa monarquía ten como protagonista a Miguel Cabanela, nado en 1942 en Mondoñedo. Miguel remataría os seus estudos de medicina en 1965 na Universidade de Santiago de Compostela. En 1967 trasládase a Estados Unidos, onde se forma como especialista en prótesis de cadeira e xeonllo. O doutor Cabanela é considerado unha eminencia a nivel mundial.
En setembro de 2013, Miguel incrementou a súa ganada fama ao ser o encargado de operar dunha das súas cadeiras ao Rei Emérito Juan Carlos I.
¡Cómo somos os mindonienses! Un dispara ao Rei, mentras outro repara a cadeira de outro.
Coa colaboración de Andrés García Doural

Comenta a imaxe!