En bici polo paraíso

Viaxamos novamente a Castela e León, e facémolo para traer unha imaxe que ben podería abrir as portas a un paraíso para a práctica de moitos deportes, como o trail, sendeirismo, ciclismo, BTT, esquí, entre outros moitos. Falamos do Parque Rexional Montaña de Riaño e Mampodre, localizado na citada comunidade autónoma, unha zona abrupta por riba dos 1000 msnm, bañada polos ríos Esla, Porma e Cea, e con varios picos por riba dos 2000 msnm. Este parque ten unha superficie de 101.336 ha.

Poderemos desfrutar de míticas subidas do ciclismo como Tarna, Las Señales, ou San Isidro. Nesta última (inda que a súa cima está fora do parque), foi onde se tirou a foto que ilustra estas liñas.


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo