No interior da nova igrexa parroquial de San Vicente de Mondoñedo, atopamos un busto do Santo Cristo de Limpias, dunha gran beleza, coa sua mirada ao ceo, en expresión de do, oración e contemplación.

Na comidade autónoma de Cantabria, podemos visitar a vila de Limpias, a carón do río Asón, cunha poboación de pouco máis de mil habitantes. No altar maior da súa fermosa igrexa parroquial venérase unha prodixiosa imaxe do Cristo da Agonía. A partir do 30 de marzo do ano 1919, corre como un regueiro de pólvora por todo o territorio nacional que na vila de Limpias pasaban cousas extraordinarias; comentábase que a fermosa imaxe do Santo Cristo movía os ollos, que palidecía, sudaba e incluso sangraba. O nome da poboación faise famoso e as súas rúas comezan a encherse de peregrinos e curiosos chegados dos lugares máis recónditos.
O bispo da Diócese de Santander comezou o preceso canónico o 23 de xullo de 1920. Transcorridos pouco máis de un ano foron dadas indulxencias plenarias por un período de sete anos a todos os fieis que visitaron o Santo Crucifixo, inda hoxe acoden moitos turistas e peregrinos atraídos pola fama, prodixios e fermosura da Santa Efixie.
Preguntámonos: ¿Cómo chegou o busto do Cristo de Limpias a súa ubicación actual?, pois non atopamos en edificacións relixiosas dos alrededores de Mondoñedo, ningún máis, aumentado a nosa curiosidade e as ganas de saber. Pois velaquí a razón:
No ano 1924 celebrábase con maior solemnidade a festividade do Glorioso Diácono e Mártir, patrono da inmediata parroquia de San Vicente. O distinguido mindoniense D. José María Miranda Luaces, acompañado da súa Dona Clemencia Donjou Ricoeur, de orixe francés, non so sufragaría os gastos da parte relixiosa, senon que tamén da profana, para honrar a memoria da súa nai Dona Dolores Miranda Luaces, falecida en Mondoñedo en abril de 1917, e viuva do capitán de infantería D. Manuel Nogueira Anllo, antigo veciño do barrio de O Pacio. D. José María e a súa esposa aproveitaron tan oportuna ocasión para regalar a igrexa parroquial un fermoso busto do Santo Cristo de Limpias. Os veciños de San Vicente mostráronse moi agradecidos, facéndollo así constar ao párroco D. Antonio Doural Núñez, durante o sermón da misa.
Coa colaboración de Andrés García Doural

Comenta a imaxe!