Hoxe traemos unha imaxe captada no ano 1965, no adro sito, por aquel entón diante da porta da Catedral de Mondoñedo.

A esquerda da imaxe vemos a D. Jacinto Argaya Goicoechea, bispo de Mondoñedo. D. Jacinto nado en Vera del Bidasoa (San Sebastián) no ano 1903. En 1952 foi nomeado bispo auxiliar de Valencia; e en 1957 bispo de Mondoñedo. No 1968 pasaría a ser bispo de San Sebastián. Faleceu en Valencia no 1993.
No centro da imaxe atopamos a D. Fernando Quiroga Palacios, arzobispo de Santiago de Compostela. D. Fernando nado en Maceda (Ourense), no 1900 e bispo da nosa cidade entre os anos 1945 e 1949. No 1949 sería nomeado arzobispo de Santiago de Compostela. D. Fernando foi o primeiro presidente da Conferencia Episcopal Española. Faleceu en Santiago no ano 1971.
A dereita atopamos D. Perfecto Alonso González, Prelado Doméstico da súa Santidade. D. Perfecto nado na parroquia de San Pedro de Arante, Ribadeo, en 1902. Foi capelán do Hospital durante a guerra civil, profesor do Seminario Santa Catalina, canónigo, arcipreste, canciller do obispo, entre outros cargos… O 22 de setembro de 1966 sería envestido Prelado Doméstico da súa Santidade. D. Perfecto faleceu o 1 de febreiro de 1976.
Coa colaboración de Andrés García Doural

Comenta a imaxe!