A Catedral da Montaña

Viaxamos hoxe ata Lois, no concello leones de Crémenes. Unha pequena aldea a 1200 msnm que data, coa súa actual denominación, do siglo X, inda que a historia dos poboadores destas terras é moi anterior, xa que Lois foi o territorio onde se deu co maior número de lápidas vadinenses (S II-IV D.C.) da historia.

Para chegar a Lois debemos serpentear por unha estreita e enfilada estrada a carón do río Dueñas, para finalmente chegar a este paraíso do turismo cultural. En Lois poderemos desfrutar dun paseo polas súas limpas e coidadas rúas, unha aldea con aproximadamente 50 vivendas, pero que mostra a súa importancia histórica, xa que prácticamente todos os habitantes de antano de Lois, pertencían a nobleza, o que se reflexa polo alto número de escudos que adornas as fachadas.

En Lois poderemos visitar a «Casa del Humo», ver a «Escola de Primeras Letras» fundada en 1701 e que enseñou os habitantes da zona, a «Cátedra de Latín» fundada en 1740 por Jerónimo Rodríguez Castañón para ensinar Latín e Humanidades aos habitantes da montaña e que foi recoñecida como a «Universidade da Montaña» funcionando durante máis de dous siglos, pero iso non é todo, ademáis en Lois, podemos desfrutar coa impoñente «Catedral da Montaña» unha igrexa construida en pedra caliza de mármore vermello da zona, que tens unhas proporcións xigantes en comparación coa aldea, e que ben merece o seu apodo de Catedral da Montaña, que ademáis é a protagonista da nosa imaxe.


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo