II Trofeo Banco Bilbao. 1974

Fai un tempo traíamos de volta unha imaxe do V Trofeo Banco Bilao no ano 1977. Pois ben, hoxe vamos un pouco máis atrás no tempo, ata o ano 1974, e ata a que foi a segunda edición deste trofeo que se desputaba en Mondoñedo.

Foi un gran partido de fútbol, celebrado no Viñas da VEiga entre as escadras SD Burela e a SD Mindoniense. Sería colexiado do encontro Seijo Ladeira.

Formarían pola SD Burela: Lestegás; Jaime (Cabo), Honorato, Emilio, Milo, Ribadeo, Manolo, Lage, Paco, Nardo e Ríos.

Polo cadro local a SD Mindoniense: Beto, Vizcaino, Ricardo, Meilán II, Meilán III, José Ramón “Ayala”, Tatá, (Moncho), Anello, Pascual, Rispa (Carlos) e o gardamallas Cabanas.

O gol da victoria mindoniense sería para «Ayala» ala polo minuto 30 do segundo tempo, a pase de Anello, culminando unha fermosa xogada. Entre a destacada actuación dos xogadores locais, sobresairon Meilan III e o goleador «Ayala», e polo cadro burelés, Nardo e Manolo.

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo