No mes de maio do ano 1926, o matrimonio formado por Lisardo Rivas Sánchez e Josefa Aguiar Alonso, rexentaban unha céntrica edificación de Mondoñedo, moi cercana a parada de automóviles, adicado a un espléndido hospedaxe, coñecido polo nome de «Hotel Ideal Bar«. Na planta baixa da esbelta edificación, abriron un café – bar, con útiles máis modernos da época. Nos planos superiores, instalarían unha cómoda cociña, con amplo comedor e varias habitacións para hóspedes, dotadas todas elas con boas vistas a rúa.
Gracias ao esforzo económico levado a cabo por Lisardo e Josefa, chegaría a Mondoñedo unha fermosa cafetera marca «Pavoni Express«. Según a prensa local da época, era a mellor que dentro desta clase de artefactos existe, e o seus usuarios terían onde saborear o sabroso «Moca«. Foi a primeira máquina desta clase que se instalou en Mondoñedo.

A finais dos anos trinta, a edificación e os negocios instalados en ela son mercados polo matrimonio formado por Antonio Teijeiro Sandamil «Porriño» e por Mercedes Rodríguez López, os cales lle cambiarían o nome polo de «Hospedaje y Bar Galicia«. Cos novos donos a fronte, os negocios proseguiron o seu funcionamento e sempre gozaron dunha fama moi merecida dentro da comarca. Era frecuente atoparse durante o ano con xuices, veterinarios, sacerdotes, viaxantes de comercio, ou mestres do instituto, aloxados nas súas excelentes instalacións.
O aloxamento deixaría de funcionar fai xa moitos anos, pola xubilación dos seus propietarios. O Bar – café, segue activo nos nosos días de xeito aceptable. O arrendatario quixo conservar o nome de «Porriño«, mote polo que era coñecido o antigo dono. Consideramos que de xeito atinado.
Coa colaboración de Andrés García Doural

Comenta a imaxe!