Viaxamos ata Villanueva de Oscos, para visitar una das minas que funcionaron nesta vila asturiana, concretamente «Mina Peña Tascón» activa ata o ano 1957 cando foi abandona. Desta explotación extraíase ferro, plomo e zinc. Funcionou dende o ano 1433 ata o citado 1957.
Inicialmente o material extraído era usado para fornecer a Ferrería de Santa Eufemia, no propio concello de Villanueva de Oscos. Nos últimos anos desta explotación, existía incluso un cargadeiro, onde os camións recollian o material que logo transportaban ata Ribadeo para, posteriormente, levalo en barco ata o País Vasco.
Na imaxe podemos ver as duas bocaminas, onde incluso nos podemos adentrar uns mestros, e vivir de preto a experiencia. Tamén poderemos ver unha bagoneta, o cargadoiro, ou a trincheira de acceso a mina.


Comenta a imaxe!