No segundo decenio do siglo XX chegan a Mondoñedo, procedentes do lugar de Chacín, do cercano concello de Riotorto, os irmáns Vijande Villar, Patricio, Cayetano e Emilio. Cayetano ingresaría no Seminario Santa Catalina de Mondoñedo e chegaría ser ordeado sacerdote. Pola súa parte Patricio, rexentaría a surtida ferretería familiar, sería representante de máquina de coser «Veritas«, de productos químicos «Medem» e a confección de artísticos obxetos de madeira. Pola súa parte Emilio era propietario dunha edificación construida en pedra, madeira e lousa no barrio de Os Muiños de Arriba, a carón do camiño a Argomoso, que antes fora muiño de duas pedras correntes do pais, e a finais dos anos vinte accionaba unha turbina «Fontaine«, que a súa ver movía un torno, duas pulidoras e unha serra de cinta, cuxos artefactos traballaban para a industria da cubetaría e xoguetería. Ante as numerosas estreiteces acaecidas pola poboación a consecuencia da guerra civil, os irmáns Vijande tamén confeccionaron botóns de madeira para as prendas de vestir.

No Boletín da Propiedade Insdustrial que publica o Ministerio de Traballo, Industria e Comercio, o 1 de marzo de 1928, atopamos a concesión dunha patente de inveción por «Mejoras en la fabricación de sellas o herradas» a D. Emilio Vijande Villar, veciño de Mondoñedo, quedando rexistrado co número 106049.
Emilio, que nacera en 1903, faleceu no seu domicilio dos Muiños de Arriba de Mondoñedo no ano 1949. Estaba casado con Elvira Rocha García, coa que tería duas fillas: Ángeles e Teresa.
Un inventor mindoniense!
Coa colaboración de Andrés García Doural

Comenta a imaxe!