Nova colaboración de Nuria que hoxe nos achega unha fermosa estampa captada dende o Leboreiro. Vemos como o sol se ergue, e os seus raios de luz vanse abrindo paso entre os loureiros, os pinos, e a brétema, enchendo de cores cálidas un lugar no que hoxe so queda o silencio.

En contraste coa calma da terra, os avións debuxan rutas que non se deteñen, deixando trazos brancos sobre a inmensidade azulada do ceo.
Coa colaboración de Nuria Anello Pérez

Comenta a imaxe!