Dende o Mondoñedo ao Racing de Ferrol

A través de Sergio Fernández Robles, coñecemos a existencia do noso persoaxe de hoxe. El foi a primeira persoa que nos falou deste gardamallas que na tempada 35/36 chegou a desputar a Copa Galicia co Racing de Ferrol. Falamos hoxe do «Cubano«.

O seu nome era Eduardo Chao Otero, coñecido por «O Cubano», con ampla familia nos barrio de Valiño e no lugar de A Chanta, da parroquia de Nosa Señora dos Remedios. Recibía o citado mote por ter nacido na illa do mar Caribe. A súa fichaxe polo conxunto departamental viría motivada polas súas brillantes actuacións coa escadra mindoniense.

Imaxe facilitada por Moncho Casteñeda

Entre outras moitas actuacións deste gardamallas mindoniense, citaremos duas en concreto. O 19 de abril de 1936 en Riazor, xogaríase un encontro entre o Deportivo da Coruña e o Racing de Ferrol, válido para a Copa Galicia. Formarían polo Dépor: Seoane, Paradela, Pedrito, Cela, Antoñito, Reboredo, Breijo, Triana, Balado, Waldo e Vázquez. Polo Ferrol: Cubano, Chavea, Tarín, Romalde, Rivera, Basterrechea, Toralla, Giménez, Tacita, Cagigao e Wences. Gañaría o Dépor cun abultado catro a cero.

Posteriormente o 24 de maio do mesmo ano, as mesmas escadras enfrentaríanse de novo desta volta en Ferrol, no campo coñecido como «O Inferniño». Polo Racing desta volta formarían: Cubano, Chavea, Tarín, Bsterrechea, Rivera, Romalde, Toralla, Xelo, Tacita, Varón e Cagigao. Desta volta os ferrolás levaríanse a victoria.

A imaxe que acompaña estas liñas amósanos un mozos mindonienses que practicaban o chamado «Deporte Rei» e na que figura o noso protagonista «Cubano». De dereita a esquerda e de arriba a abaixo figuran na imaxe: Justo Martínez, Victoriano López, Manuel Gayoso, Manuel Lombardía, Bernardino Vidarte, Dositeo Artiaga, Severiano Aguiar, Segundo López, J. Ramón Santeiro, Eduardo Chao «Cubano» e José G. Acevedo.

O Cubano tamén chegaría a participar de xeito destacado en algunhas carreiras pedestres que se celebraron en Mondoñedo a comezos dos anos trinta.

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo