No barrio de Samordás, parroquia de San Martín de Galgao (Abadín), podemos ver unha cova coñecida como “Cova da Meiga”, ou tamén “Cova dos Santos”.
O grupo mindoniense de espeleoloxía coñecido como “Os Topos” conseguiron entrar nela o 19 de xullo de 1968 e bautizárona co nome de “Cova dos Santos”. Os compoñentes deste famoso grupo non tiveron grandes dificultades para dar con ese nome, xa que a cavidade atópase en plena ladeira do monte que se coñece como “Do Santo”, e incluso garda no seu interior algunhas figuras en pedra moi parecidas as imaxes relixiosas.

Nesa data, formaban parte do grupo “Os Topos”: José M. Gacio Rodríguez, Marcelino Díaz González, Luís Gacio Val, Alfredo Losada Iglesias e Ignacio Vilaseca Otero. Na imaxe que acompaña estas liñas, podemos ver a Luis Gacio Val saíndo ao exterior dende a cova.
Coa colaboración de Andrés García Doural

Comenta a imaxe!