No ano 1968 tomouse a decisión de facer unha máis ampla e cómoda parada para os taxistas da nosa vila ademáis duns servizos públicos, todo elo na hoxe coñecida como Praza do Concello, por aquel entón praza Oswaldo Codina. Foi preciso retirar uns muros que cerraban as hortas colindantes e a edificación dun garaxe.
As obras por aquel entón, foron levadas a cabo polos operarios de Basilo Anello López «O Couro». Na imaxe podemos ver, de dereita a esquerda a: Alberto Cabanas, Justo Anello e Luís López.

Como se ve na imaxe, ainda non chegaran as fundas de traballo, o calzado de seguridade ou os cascos de plástico.
Coa colaboración de Andrés García Doural

Comenta a imaxe!